Friday 03 de May de 2024

Un total de 31 ofertas para instalar un pozo de bombeo e unha rede de saneamento na rúa das Revaleiras en Palmeira


A actuación permitirá eliminar un punto de vertido á ría de Arousa

Un total de 31 ofertas foron presentadas a unha nova actuación consistente na instalación dun pozo de bombeo e unha rede de pluviais na rúa das Revaleiras, na localidade de Palmeira.

Esta obra, cuxo orzamento é de 67.755 euros e que ten un prazo de execución de tres meses, está incluída no POS+ 2017 da Deputación.

A obra deseñada polos servizos técnicos municipais permitirá eliminar un punto de vertido á ría de Arousa posto que co saneamento existente as augas residuais desembocaban alí. Neste senso, vanse instalar un colector de PVC de 83 metros de lonxitude e unha tubaxe de impulsión de polietileno de 97. Así mesmo, colocarase unha estación de bombeo e todo isto será conectado coa rede municipal xeral.

Polo que se refire á canalización de augas pluviais, construiranse arquetas sumidoiros de formigón prefabricado e pozos de rexistro que irán conectados a unha tubaxe existente.

A actuación comportará tamén unha nova pavimentación a base de formigón (79 metros cadrados) e aglomerado asfáltico (272 metros cadrados).